martes 19.11.2019
GALICIA EN LA MEMORIA

Manuel Lueiro, una reivindicación

Francisco López | La Diputación de Pontevedra y el Ayuntamiento de Pontevedra inauguran una exposición conmemorativa de Manuel Lueiro Rey.

Manuel Lueiro, una reivindicación

Con motivo del centenario de su nacimiento, la Diputación de Pontevedra y el Ayuntamiento de Pontevedra inauguraron una exposición conmemorativa de Manuel Lueiro Rey, luchador por la libertad, escritor, poeta y periodista. Con ese motivo, completamos la semblanza que iniciábamos el pasado 8 de abril, de la mano de Francisco López Franco.


"Dende Fornelo de Montes, O Grove, Pontevedra, Vigo e Bos Aires, para o mundo"

O pasado xoves 12 de maio, a Deputación Provincial de Pontevedra, e o Concello de Pontevedra, coa colaboración dos Concellos de O Grove, Fornelo de Montes e Vigo, abren as portas do Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, o insigne e querido escritor, poeta, colaborador de prensa e político galego Manuel Lueiro Rey. A cidade na que pasou practicamente toda a súa  vida profesional como funcionario da Administracción do Estado (Facenda), vaino a,lembrar dende hoxe xoves 12 de Maio, o xoves 12 de Xuño; con un programa amplísimo de actos culturais que terán o seu reflexo nunha exposición permanente fotobiográfica, ademáis de distintas conferencias e actos a celebrar todos os xoves; presentacións e reeditacións de algunhas das súas obras literarias, estudos, conferencias, mesas de debate etc., etc., 

O próximo xoves 19 de maio: "Lueiro e a Narrativa", terá lugar a presentación da reedición da obra "Non debían medrar", interviran Manuel Bragado de (Edicións Xerais), Modesto Hermida (Crítico literario e Dr.Filosofía Galega), Juan Carlos Cambas e Rosa Leiro (Piano e Vóz), e Ramón Nicolas (Biografo de Lueiro e responsable da Edición)

O xoves 26 de maio: "Lueiro e a poesía", interviran Miguel Cuña (Fundación Cuña-Casasbellas), Mercedes Seixas (Profesora/Escritora) e haberá un recital poético a cargo de Silvia Penas, Eli Ríos, Luís Valle e Marcos Abalde.

O xoves 2 de Xuño: "Lueiro e o xornalismo", nesta ocasión terá lugar a presentación da obra "Novas Crónicas dunha Transición Intransixente", interviran Alfonso Ribas (Editor/Representante de Laiovento), Ramón Pozas (Xornalista/Crítico de Arte), Ramón Nicolás (Profesor/Editor Literario), Xesús Alonso Montero (Catedráticode Literatura Galega e Prologusita do volume) e Helena Villar (Escritora).

O xoves 9 de xuño: "Lueiro, perfís humanos, literarios e políticos", modera nesta ocasión o acto Ramón Nicolás, e interveñen Luís Cochón (Profesor/Escritor), Antonio Chaves (Artista Plástico), Marilar Aleixandre (Escritora/Traductora), Eli Ríos (Escrtitora) e Xesús Alonso Montero (Presidente da Real Academia Galega).

Sin dúbida ningunha estamos diante dun acto cultural importantísimo, non só polo homenaxeado ou polos contidos do mesmo, senon tamén pola categoría e prestixio de [email protected] os participantes. Ainda que eu, de maneira moi particular, boto de menos - entre outras moitas-  a tres persoas que tiveron e teñen "tamén" moito que ver coa vida ou a obra de Manuel Lueiro,e que axudaron a trasladar o conxunto da sociedade, ó tempo que poñer en valor o recoñecemento á persoa e a obra de manuel Lueiro; refirome a  Manuel Quintáns Suarez, X.L.Mendez Ferrín e Olegario Sotelo Blanco.

Como amigo de Manolo Lueiro e da súa familia, celebro e aplaudo esta iniciativa. Hai poucos escritores que teñan escrito unha obra tan extensa como a de Lueiro, e moitos menos os que teñan destacado tanto no campo da narrativa, como na poesía e no xornalismo. Decíame a semán pasada o seu biografo, o profesor Ramón Nicolas, que o mundo da literatura e as súas "autoridades" non estan sendo xustas con Manuel Lueiro, por non ter valorado suficientemente a súa gran obra literaria. Evidentemente eu non son quén para facer semellante aseberación, pero si o son para dicir que nonexiste en Galicia ningún outro escritor que teña "dous premios literarios", un no eido narrativo (Premio de Novela Curta do Concello de O Grove) e o outro no eido da poesía (premio de Poesía do Concello de Forenelos de Montes). Do respeto e consideración a Manuel Lueiro e a súa obra, existen múltiples testemuñas. Xa as teño reflexadas publicamente en varias ocasións, pero hoxe quero e teño que volver a facelo para que se entenda mellor o porqué das miñas afirmacións:

-Luis Seoane (1974): ..."A mín paréceme este libro de Lueiro Rey (Non debían medrar) un dos máis belos da literatura galega dos noso días..".

-Lorenzo Varela (1977): ..."E teñen ese arrecender (os poemas de Escolma Ferida) ás veces acedo, más sempre conmovente, do pan que se colle do forno con urxencia cando a fame peta ás portas con anguria...".

-Arturo Cuadrado (1977):..."Lueiro Rey, poeta del pueblo. La aparición de su nuevo libro (Escolma Ferida), no es solamente una brillante canción, es ante todo un clamor, un himno, unha denuncia de todo aquello que tiene realidad o ensueño en los horizontes de la tierra, sin límites y fronteras. .....Todo ello sin lágrimas Manuel Lueiro grita y denuncia. No es personaje de diminutivos ni de paisajes. Es poeta que denuncia, advierte y propaga...".

-Basilio Losada (1982):..."Algunha das narracións ( de O Sol na crista do galo) é un verdadeiro documento dun tempo e unhas xentes no gran drama de Galicia, e o que sorprende, por riba de todo neste meonllo de historias, é a variedade de rexistros, a capacidade do autor por contar un feito e prender ó lector..."

-X.L. Méndez Ferrín (1988):..."eu vexo na poesía de Lueiro esta dimensión: ao simbolizar a realidade pretende subvertila. É un poeta subversivo, Lueiro..."

(1990)....."No bruar do piñeiral e no ruallar agre das ondas contra o cantil recoñecemos, nesta idade de ferro que nos deron, unha voz. É a de Lueiro e fala de liberdade e de esperanza...."

-Xose Neira Vilas (1992):..." Lueiro é un home íntegro, dunha sinceridade e dunha honradez pouco comúns. Un home de conducta rectilínea, que nunca renunciou ás súas ideas..."

-Mario Benedetti (1992): ...."Siento una profunda admiración por ese excelente cultor de varios géneros y de dos lenguas, así como el emocionado recuerdo de su entrañable calidad humana. "Además de su obra. Lueiro nos dejó el legado de su entereza, su coherencia y su valentía..."

lueiro-Isaac Díaz Pardo (1992):...."Cando tanto esteticismo descomprometido das causas xustas e tantas farfalla oportunista dominan o panorama do noso tempo, é unha esperanza que tres dúcias de intelectuais -algúns chegados de moi lonxe, con miles de kilómetros por medio- veñan a render tributo a un home como Lueiro Rey, que se desviviu por servir a todos coa súa poesía, polo que coidamos que non está todo perdido..."

-Xesús Alonso Montero (1996):...."Imponse saudar de novo -agora, ós 60 anos do triste tigre do Dezaoito de Xullo- este relato fermoso e dramático protagonizado por un cabalo (Manso), que fóra a alma, traballaba e sufría como tantos héroes anónimos que perderon a Guerra..."

-Gerardo González Martín (1990):..." A la hora de antologar a Lueiro Rey entre los que han colaborado a crear una imagen fiel de Vigo (Sonetos a la ciudad de Vigo 1960) y (Vigo en Tres Paisajes 1990) aventuro que otros tendrán, como yo, la tentación de incluirle no entre los poetas, sino con otros compañeros, tanto o más gratos para él que los escritores, los humildes auxiliares de aquellos Jenaro de la Fuente, Antonio Palacios, Manuel Gómez Román y otros muchos que dieron forma a esta ciudad de piedra. Es un anhelo que algún día esta ciudad dispusiera de una antología de poetas, viajeros, políticos y notoriedades de toda índole que han escrito o pronunciado frases hermosísimas sobre Vigo, deseo que, decía el que fue cronista oficial vigués hasta su muerte "pasa ahora mismo del simple anhelo íntimo a la propuesta oficiosa"......."Es una deuda que Vigo sigue reclamando, esa antología que, de existir algún día, deberá reservar un lugar de privilegio para estos sonetos de Manuel Lueiro Rey..." ! Que así sexa benquerido e preciado Gerardo !

Non quixera rematar, sin deixar constancia unha vez máis- e como xa o veño facendo dende fai practicamente vinte anos, dezaoito para ser exactos- reivindicando que se faga xustiza coa persoa e a obra de Manuel Lueiro, " que a Real Academía Galega e os seus académicos" recollan o sentir do pobo e lle adiquen o Día das Letras Galegas. ! Saúde e Terra !


Francisco-López

Francisco López "Chesqui"

Secretario General del Partido Galeguista

Patrono de las Fundaciones Castelao, Alexandre Bóveda y Sotelo Blanco.

Manuel Lueiro, una reivindicación
Comentarios